viernes. 18.10.2019 |
El tiempo
viernes. 18.10.2019
El tiempo

A Feira do Queixo da Ulloa contará o 5 de maio con doce produtores e 30 postos

Presentación da feira en Monterroso. EP
Presentación da feira en Monterroso. EP

O cociñeiro André Arzúa elaborará un prato con produtos típicos cuxo obxectivo é converterse en receita estrela

A XXVII Feira do Queixo, Produtos de Calidade e Turismo Sostible na Ulloa contará coa presenza de doce produtores e máis dunha treintenta de postos de diferente índole. O evento celebrarase o 5 de maio en Monterroso, e contará cun programa de actividades que se estenderá no tempo.

Unha das principais novidades deste ano será a xornada gastronómica que impartirá o cociñeiro André Arzúa. Aínda que esta actividade estará dirixida unicamente a profesionais da restauración, o obxectivo é deseñar un prato con queixo e outros produtos típicos da zona que se poida comercializar nos distintos establecementos e converter a receita nun emblema da comarca.

O fin de semana da feira contará tamén co seu propio concurso de tapas, no que xa están inscritos 15 locais hostaleiros de Monterroso. O sábado, a Charanga Os Centellas animará a xornada e haberá verbena a cargo do grupo Aramio.

A feira arrincará o domingo ás 10.00 horas, cando dará comezo a ruta de sendeirismo 'Goza do Ulla'. Ás 11.00 haberá pasarrúas e concerto a cargo da banda de gaitas Falcatrueiros. A recepción de autoridades farase ás 12.00 horas, e ás 13.00, o doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago Javier Gómez Vila dará o pregón. Ás 13.30 daranse os premios do concurso de tapas, que continuará tamén na xornada dominical.

A Feira do Queixo da Ulloa contará o 5 de maio con doce produtores...
Comentarios