Evacuada ao Hula unha persoa ferida nun accidente en Antas

Os sucesos ocorreron na na estrada provincial LU-P-1809
Una ambulancia del 061. ARCHIVO
photo_camera Una ambulancia del 061. ARCHIVO

Unha persoa resultou ferida e foi evacuada polo persoal sanitario do 061 ao Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) tras sufrir un accidente de coche no municipio lucense de Antas de Ulla.

Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE), o accidente produciuse ás 09.51 horas no lugar de Verín, na parroquia de Peibás, na estrada provincial LU-P-1809.

Foi o 061 quen deu aviso ao 112 do accidente e o CIAE mobilizou para auxiliar á vítima aos Bombeiros de Chantada, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Monterroso.

Logo de recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do accidente, a vítima foi evacuada nunha ambulancia de Soporte Vital Básico ao Hula.