Estudos Ulloáns busca datos para reconstruír o achado do Tesouro de Antas

O colectivo profunda na memoria veciñal para documentar a localización e lendas sobre a xoia
El collar con espirales de Antas está en el Museo de Pontevedra. EP
photo_camera O colar con espirales de Antas está no Museo de Pontevedra. EP

O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) e a profesora da Universidade de Vigo Beatriz Comendador solicitan datos sobre o achado do Tesouro de Antas de Ulla e a pegada que deixou na memoria popular. Este colar con espirales de prata, de orixe prehistórica, gárdase no Museo de Pontevedra, pero se sabe moi pouco sobre a súa procedencia. O IEU pide á xente da Ulloa que axude a reconstruír como se produciu a recuperación da peza, achada nun illote do río Ulla, ao seu paso por Antas, dentro dunha caixa de bronce ou cobre que non se conservou. Ese o único dato bibliográfico existente.

"Queremos tirar deste fío de prata para reconstruír un pouco máis a memoria deste tesouro. Dicía Cunqueiro que vos tesouros son xente viva, e que tamén poden ser unha verba, ou un lugar. Por iso queremos emprender esta procura acompañados de xente, verbas e lugares", sinala Beatriz Comendador, que fixo investigacións técnicas sobre a orixe da prata da peza. "Agora queremos recuperar a súa historia e a pegada que deixou na comunidade", precisa.

A fundación Barrié da Maza entregou as espirales ao Museo de Pontevedra en 1972. O lote está formado por un aro central, do cal colgan seis cadeas, cada unha con cinco espirales de tamaño decreciente. O peso do conxunto é de 335,10 gramos.

A prata foi fabricada no sur da Península, segundo a investigación técnica feita pola historiadora

A súa configuración como colar podería ser unha manipulación posterior á súa fabricación, "pero pola súa medida e partibilidade foi relacionado con outros tesouros conformados por cadeas de espirais, normalmente de ouro, que poderían ser formas de acumulación premonetais, sendo isto compatible co seu uso ornamental", explican desde o IEU.

Beatriz Comendador estudou a procedencia da prata mediante a técnica coñecida como "isótopos do chumbo" e achou trazas semellantes á fabricada no sur da Península. De feito, atopáronse pezas similiares en enterramentos de fai 4.000 anos.

Para achegar datos pódese chamar ao 609.76.01.69 escribir ao correo hgc9591@gmail.com

Comentarios