sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

A empresa palense Jim Sports recibe un premio ao emprendemento

O conselleiro Francisco Conde e Abanca entregan o premio a Jim Sports. J.VÁZQUEZ
O conselleiro Francisco Conde e Abanca entregan o premio a Jim Sports. J.VÁZQUEZ

O galardón concédeo a CEL e Abanca e foi entregado polo conselleiro de Industria, Francisco Conde

A empresa Jim  Sports, afincada en Palas de Rei, recibiu este mércores o II Premio  CEL- Abanca ao Emprendemento na Provincia de Lugo. Os impulsores da distinción valoraron "a súa aposta constante pola innovación e a calidade que a converteron nunha empresa punteira, capaz de facer chegar os seus artigos deportivos a multitude de países desde a provincia de Lugo". 

O encargado de entregar o premio foi o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.  Ademais do conselleiro, asistiron o delegado territorial da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro; o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada; empresarios da  CEL, entre eles o seu conselleiro delegado, Eduardo  Valín; e representantes de Abanca, segundo indicaron a organización e a Xunta nun comunicado. 

Durante a súa intervención, Conde asegurou que a empresa ten "unha clara visión estratéxica en termos de innovación, loxística e internacionalización", xa que, segundo explicou, Jim  Sports conta con case unha decena de marcas propias e exporta a 30 países. 

Pola súa banda,  Valín destacou a "inxección de forza e enerxía" que supón ver "o ben que se traballa" na empresa deportiva, que, ao seu modo de ver, atópase, "sen dúbida, á vangarda no seu sector". "Fan falta máis empresas como Jim Sports na provincia de Lugo", sentenciou. 

Tal e como explicaron CEL e  Abanca, o galardón ten o obxectivo de "impulsar e dinamizar" a cultura emprendedora e o tecido empresarial na provincia de Lugo. Ademais, o premio consta de 1.500 euros que a entidade destinará a Médicos sen Fronteiras e á Fundación  HBL, unha iniciativa de Jim  Sports para o apoio á infancia en situacións de pobreza e desenvolvemento. 

A empresa palense Jim Sports recibe un premio ao emprendemento
Comentarios