A Deputación mellora en Antas o tramo urbano da estrada que une a localidade con Palas

José Tomé supervisou o inicio duns traballos que suporán un investimento superior aos 100.000 euros
José Tomé y Pilar García Porto supervisan el inicio de los trabajos en Antas de Ulla. EP
photo_camera José Tomé y Pilar García Porto supervisan el inicio de los trabajos en Antas de Ulla. EP

O presidente da Deputación, José Tomé, supervisou o inicio das obras de mellora da rúa General Portomeñe en Antas de Ulla. Acompañado da deputada Pilar García Porto, de técnicos do servizo de Vías e Obras e de membros da empresa adxudicataria, o mandatario provincial presenciou o comezo dos traballos, que, cun investimento superior aos 100.000 euros, van mellorar significativamente o firme e a sinalización desta travesía

O proxecto consiste na apertura de cunetas, limpeza, drenaxe, pavimentación e pintado da vía, que tamén se dotará de tres pasos de peóns elevados. Pola súa banda, a adxudicataria explicou o cronograma para a realización das obras, que teñen un prazo de dous meses e dúas semanas.

A actuación beneficiará de xeito directo aos máis de 2.000 veciños e veciñas de Antas de Ulla, pero tamén á veciñanza de toda a comarca, porque este viario é o principal nexo de unión entre o concello de Antas e o de Palas de Rei, e tamén é o xeito máis directo para conectar A Ulloa coa autovía A-54 a Santiago.

Xunto coas obras en General Portomeñe, a Deputación tamén realizará melloras no inicio da estrada que vai a Rodeiro por Santa Cristina de Areas, o pintado da estrada de Antas a Chantada ata a parroquia de Olveda e a sinalización dun paso de peóns no comezo da estrada de Santa Mariña.