A Deputación de Lugo compra o 'centro' de Galicia

Trátase dunha parcela situada en Nugallás, en Antas de Ulla, onde se construirá un parque
Firma de la compra de la parcela en la Diputación. EP
photo_camera Integrantes do Instituto de Estudos Ulloáns, en Nugallás, onde se atopa a parcela. ARQUIVO

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, acompañado pola deputada de Turismo Pilar García Porto, asinou este venres no Pazo de San Marcos ante notario a escritura de compravenda da parcela na que foi localizado el centro xeográfico de Galicia –por parte do Instituto Xeográfico Nacional–, no lugar de Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante, termo municipal de Antas de Ulla.

O goberno provincial informou de que se trata do primeiro paso para crear nese lugar o "parque central de Galicia", dado que a Deputación ten prevista "a adquisición de máis terreos lindeiras para crear un gran espazo público de lecer e natureza, integrado na contorna, para goce dos veciños e visitantes".

O presidente da Deputación, José Tomé, dixo en declaracións aos medios de comunicación que este proxecto "supón unha clara aposta polo reequilibrio territorial e para fixar poboación no medio rural, creando actividade económica e postos de traballo".

A proposta partiu da deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, despois de que o Instituto Xeográfico Nacional localizase o centro de Galicia en Nugallás, a iniciativa do Instituto de Estudos Ulloáns, que xa solicitou que ese punto sexa declarado Ben de Interese Cultural.

Nese lugar será levantado un monólito que recordará de forma permanente onde está o centro xeográfico de Galicia, un lugar que estará rodeado dun "parque público para goce dos veciños de Antas e os visitantes", precisou.

Ademais, "o proxecto porá en valor a riqueza natural, a flora e as árbores do lugar", engadiu Tomé, para converter esta zona "nun lugar de atracción turística que, sen dúbida, será positivo para a economía local". 

Comentarios