A Deputación expón o seu programa de apoio a empresarias rurais na Ulloa

A institución provincial impulsa con 40.000 euros esta iniciativa de asesoramento gratuíto a negocios
Reunión de empresarias rurales en Antas
photo_camera Reunión da Deputación e Aelu con mulleres empresarias da Ulloa. EP

A Deputación, en colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo (Aelu), promove o programa Feminino Rural. Evolución co fin de prestar apoio formativo e asesoramento gratuíto a negocios liderados por mulleres rurais. A institución provincial financia con 40.000 euros esta iniciativa que onte foi presentada na Ulloa pola deputada de Promoción do Territorio, Pilar García Porto, xunto á presidenta de Aelu, Beatriz Varela. A reunión, consistente nun 'almorzoworking' celebrouse en Antas de Ulla e contou coa presenza dunha trintena de interesadas.

García Porto subliñou que esta medida forma parte da estratexia da institución para fortalecer o tecido produtivo da provincia. Porto precisou que este programa forece "acompañamento e asesoramento tanto para mellorar os negocios en marcha, como para favorecer o éxito e viabilidade das iniciativas emprendedoras". A institución provincial investiu 40.000 euros nese programa.

A deputada provincial subliñou que o proxecto ten "moi boa acollida na provincia", con máis de cen mulleres involucradas. Destacou que a comarca ulloana é unha das que conta con maior participación, xunto ás de Terra Chá e Lugo.

Comentarios