A Deputación destina 175.000 euros a mellorar unha estrada provincial en Palas

Os traballos desenvólvense entre os puntos quilométricos 21,370 ao 25,000 e deberán estar totalmente finalizados nun prazo de nove meses
Obras LU-P-2901
photo_camera Maquinaria de obra no tramo onde se executan as melloras. EP

A Deputación de Lugo anuncia o inicio das obras para mellorar un tramo de catro quilómetros da estrada LU-P-2901, aos que destina un investimento que suma un total de 175.000 euros.

Os traballos desenvólvense entre os puntos quilométricos 21,370 ao 25,000 e teñen un prazo de execución de nove meses. Durante ese tempo, traballarase na reapertura de cunetas, a pavimentación do firme con aglomerado e o pintado das marcas da calzada en cor branca reflectora.

Segundo destacan desde o goberno provincial, trátase dunha actuación «moi importante» para a zona, xa que esta vía da servizo ás parroquias de Augas Santas, O Carballal e San Cibrao de Repostería. Trátase, ademais, dunha infraestrutura moi utilizada polos peregrinos para acceder ao Camiño.

Estas obras serven tamén para dar continuidade á actuación que o pasado ano realizouse noutro tramo desta mesma estrada. Naquela ocasión mellorouse o firme con aglomerado en quente e renovouse a sinalización no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 3,340 e 5,400, no termo municipal de Lugo.

Desde a Deputación recordan que os orzamentos para o presente ano reflicten un incremento do 7% na partida de investimentos para estradas, o que se traduce nuns 17,3 millóns de euros para mellorar, rozar, conservar e manter toda a rede viaria provincial.

«En total, a institución provincial investiu no último ano máis de 260.000 euros nesta estrada», subliñan desde a entidade provincial.

O presidente da Deputación, o socialista José Tomé, sinala que con este tipo actuacións «seguimos demostrando que unha das prioridades desde o equipo de goberno é a mellora das comunicacións». Neste sentido, o presidente da institución provincial móstrase convencido de que unha boa rede de estradas «é fundamental para o equilibrio territorial e o desenvolvemento rural, porque axuda a fixar poboación e achegar servizos».

Tomé destaca que este tipo de obra pública tamén supón un importante incentivo «para a actividade económica» e para axudar «a manter ou crear emprego».

Desde a Deputación recordan que os orzamentos para o presente ano reflicten un incremento do 7% na partida de investimentos para estradas, o que se traduce nuns 17,3 millóns de euros para mellorar, rozar, conservar e manter toda a rede viaria provincial.