Dous detidos e outros dous investigados por unha onda de roubos en Melide

Están investigados por roubos de ferramentas e maquinaria en vivendas de Melide

Un agente de la Guardia Civil. GUARDIA CIVIL
photo_camera Un agente de la Guardia Civil. GUARDIA CIVIL

A Garda Civil detivo dúas persoas e investigou outras dúas como supostos autores dunha onda de roubos na Melide

A operación Drujbe, desenvolvida por efectivos do posto de Melide, Boimorto e o equipo Roca de Santiago, centrouse nun home de nacionalidade estranxeira residente en Melide que ten antecedentes por feitos similares.

A Garda Civil explicou este sábado a través dun comunicado que o individuo, quen supostamente ideaba os roubos, está especializado no roubo de maquinaria e ferramentas en domicilios e vehículos.

Na investigación esclarecéronse cinco roubos con forza en vivendas habitadas, seis furtos no interior de vivendas, un delito de furto en interior de vehículo e tres delitos de receptación. 

A Garda Civil logrou recuperar unha cantidade considerable de efectos subtraídos, cun valor estimado de 12.000 euros, que foron devoltos aos seus donos.

Ademais, a operación permitiu revelar a implicación de catro veciños de Melide na compra de ferramentas e maquinaria ao principal sospeitoso a prezos económicos, co coñecemento de que os obxectos eran roubados. 

Para realizar estes roubos, o home entraba en garaxes, sotos e anexos de vivendas unifamiliares, de onde levaba pequena maquinaria e ferramentas, e tamén accedía a vehículos estacionados na rúa que contiñan maquinaria forestal ou de construción.

A operación continúa aberta, polo que non se descartan novas detencións.