Detectados 19 positivos en alcol e drogas nunha noite de controis en Melide

A Garda Civil destaca a "escasa circulación" en comparación con anos anteriores
Control de la Guardia Civil en Melide. G.C
photo_camera Control da Garda Civil en Melide. G.C.

O sector de tráfico da Garda Civil detectou 19 positivos en alcol e drogas no marco dun control establecido na noite do sábado a este domingo nas vías de acceso e saída de Melide

Segundo informou o instituto armado, "o máis destacable é a escasa circulación que existía en comparación con anos anteriores". Respecto diso, indica que a maioría era xente nova e incide en que para os poucos desprazamentos foron "bastantes positivos en alcol e drogas" os detectados. 

Dous dos condutores que deron positivo están investigados por un delito contra a seguridade viaria ao duplicar a taxa máxima de alcol permitida. 

Ademais, catro condutores están pendentes do resultado do laboratorio de referencia ao dar positivo na proba indiciaria de drogas. Enfróntase todos a sancións de entre 500 e 1.000 euros e á perda de entre catro e seis puntos do carné.  

Unha das patrullas detectou un condutor que perdera a vixencia do seu permiso de condución pola perda total do saldo de puntos.