Martes. 20.11.2018 |
El tiempo
Martes. 20.11.2018
El tiempo

Denuncia que un hospitaleiro lle roubou 3.000 euros nun albergue de Palas de Rei

Marcelo Ramos. TVG
Marcelo Ramos. TVG

O home, de nacionalidade italiana, ofreceuse para traballar a cambio de comida e cama 

Brindar apoio moral, achegar a súa experiencia, axudar nos labores do día a día en albergues ou facer pequenas curas. Estas son algunhas das tarefas que desenvolven os hospitaleiros do Camiño de Santiago, peregrinos con experiencia na ruta xacobea que regresan para porse ao servizo dos demais. 

Da boa reputación da que gozan estes voluntarios foi da que se aproveitou un home que se fixo pasar por hospitaleiro para roubar nun albergue de Palas de Rei. Un peregrino italiano ofreceuse para traballar nas instalacións durante uns días a cambio de comida e cama, pero cando o dono do negocio lle dixo que tiña que marchar levou uns 3.000 euros que a vítima gardaba nunha caixa con cadeado na súa casa.

Marcello Ramos, que xa interpuxo unha denuncia ante a Garda Civil, explicou á TVG que xa notara algún movemento estraño dos ladrón días antes deste episodio: "Un día xa vin que estaba a mirar os números do cadeado".

Denuncia que un hospitaleiro lle roubou 3.000 euros nun albergue de...
Comentarios