A defensa do parricida de Monterroso recorrerá a condena

A Audiencia Provincial impuxo a Pedro López unha pena de 17 anos de cárcere
El parricida de Monterroso. XESÚS PONTE
photo_camera O parricida de Monterroso. XESÚS PONTE

A defensa de Pedro López, o home que matou ao seu pai a golpes en marzo de 2018 no domicilio que ambos compartían en Esporiz (Monterroso) anunciou que recorrerá a condena a 17 anos de cárcere pola Audiencia Provincial de Lugo tras o veredicto de culpabilidade ao que chegou o xurado popular.

En declaracións a Efe, o avogado César Lodos, asegurou que non pode estar "máis en desacordo" con esa sentenza, de modo que presentará recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e, se fose necesario, está disposto a chegar "en casación" ao Supremo.

Asegura que o seu desacordo abarca a "valoración fáctica" dos feitos e a "propia condena".
Sostén que unha parte da proba practicada no xuízo debería ser declarada "nula", porque se vulneraron os dereitos fundamentais" do seu cliente durante o procedemento.

De feito, opina que esas vulneracións poderían provocar "que todo o xuízo fose declarado nulo".
Ademais, considera que a condena imposta "é desproporcionada", porque "non é acorde co Código Penal", para un caso no que el advirte só "un dolo eventual".

Comentarios