CxG non conta no voto por correo de Monterroso

A xunta electoral de zona non enviou as papeletas e, aínda que rectifica, non anulará os votos xa emitidos

Un cartero entrega el voto por correo. ARCHIVO
photo_camera Un carteiro entrega o voto por correo. ARQUIVO

O grupo municipal de Compromiso por Galicia (CxG) de Monterroso presentou unha queixa na xunta electoral de zona do partido xudicial de Chantada por omitir as papeletas deste partido na documentación para o voto por correo. Segundo explica o candidato á alcaldía, Xavier Vázquez García, a xunta recoñeceu o erro, que achacou á imprenta, e ao cabo duns días volveu remitir a documentación coas cinco candidaturas que se presentan neste municipio.

A xunta electoral non accedeu, con todo, á solicitude do alcadable de que se anulasen todos os votos emitidos con anterioridade ao envío da nova documentación. Xavier García explica que cando detectaron o erro, en Monterroso había máis de 70 solicitudes de voto por correo e que ata que se volveu a enviar a documentación correcta , "poderían emitirse uns trinta sufraxios, sen que estes votantes tivesen a opción de elexir a nosa papeleta". Vázquez García considera que ese fallo puido prexudicar seriamente á súa formación, "porque nunhas eleccións tan axustadas como as que se prevén en Monterroso, cada voto pode ser decisivo".

PSOE. O candidato á alcaldía de Monterroso, Rafael García, en tanto, defendeu que os monterrosinos teñen o día 26 dúas opcións, avanzar co seu partido ou permanecer no bloqueo e retroceder outros catros anos.

García participou nun mitin xunto ao secretario xeral do PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos, e o aínda eurodeputado José Blanco.

Comentarios