Interior saca a concurso por máis de 400.000 euros o transporte de persoal da prisión de Monterroso

O contrato con este cárcere de Lugo terá unha duración de dous anos a partir deste maio

Prisión de Monterroso. AEP
photo_camera Prisión de Monterroso. AEP

A Subdirección Xeral de Servizos Penais —dependente do Ministerio do Interior— sacou a concurso por 32.000 euros o transporte do persoal da prisión de Monterroso

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este xoves o anuncio cos pregos de contratación. Este contrato terá duración de dous anos a partir de maio deste ano. 

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 21 de febreiro. A modernización dos vehículos e o custo serán factores a ter en conta no concurso. 

Comentarios