O Concello de Melide mellorará a accesibilidade e o equipamento da escola infantil

As actuacións levarán a cabo grazas a unha axuda de case 35.000 euros da Xunta de Galicia

O Concello de Melide acometerá reformas na escola infantil municipal cunha axuda de case 35.000 euros da Xunta de Galicia. Este investimento levará a mellora da accesibilidade do edificio e tamén do seu equipamento, mediante a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico.

Ademais, a gardería será dotada de conexión a internet e adquiriranse dispositivos como ordenadores e encerados dixitais, para a integración das novas tecnoloxías na aula.

Esta actuación, a través da Consellería de Política Social, está cofinanciada nun 80% con fondos europeos do programa Feder Galicia 2014-2020.

Comentarios