O Concello de Melide lanza unha campaña para impulsar o comercio local

Arrincará coa promoción das barberías mediante carteis informativos e vales de desconto
Un momento de la presentación de la camapaña. EP
photo_camera Un momento da presentación da campaña.

O Concello de Melide acaba de lanzar unha campaña, denominada Coñece ao teu comerciante, coa que pretende impulsar o comercio local dando visibilidade aos veciños que rexentan establecementos deste sector. Esta proposta inclúe a colocación de carteis informativos e a repartición de vales de desconto entre a clientela.

O alcalde, José Manuel Pérez, presentou onte esta iniciativa acompañado do concelleiro de promoción económica, Xosé Igrexas, e de responsables de barberías melidás, ao ser eses negocios os que centrarán o arranque da campaña. "Dedicimos comezar polas perruquerías porque é un sector que non acostuma terse en conta cando realízanse iniciativas deste tipo", explicou Igrexas.

Cada comercio contará cun cartel con información detallada do mesmo, que se mostrará tamén noutros negocios. Por cada compra superior aos 20 euros nos comercios recibirase un vale de cinco euros de desconto que poderá trocarse nos locais participantes.

Comentarios