O Concello de Melide denuncia nos tribunais as verteduras no río Furelos

Causaron a morte de miles de peixes
Rio Furelos. AEP
photo_camera Rio Furelos. AEP

O Concello Melide trasladou aos tribunais a problemática das verteduras industriais ao río Furelos que o pasado 12 de xullo danaron o seu leito e causaron a morte de miles de peixes.

O organismo local presentou unha denuncia ante o xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 de Arzúa ao considerar que as verteduras son constitutivos dun delito ambiental.

O goberno local ordenou frear as conexións das empresas causantes das verteduras á rede pública de saneamento.

Comentarios