Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

O Concello de Melide aproba renovar a axuda de 300 euros para os nados en 2018

O Concello de Melide busca impulsar a natalidade cunha axuda ás familias que tivesen fillos este ano. EP
O Concello de Melide busca impulsar a natalidade cunha axuda ás familias que tivesen fillos este ano. EP

O único requisito é que os pais e o neno ou nena estean empadroados no municipio

A Xunta de Goberno Local do Concello de Melide aprobou este xoves a renovación da axuda de 300 euros para familias que neste 2018 tiveran fillos. Trátase dunha medida que "pretende servir de axuda para os veciños e veciñas que deciden ampliar a súa familia e afincarse en Melide", apunta o Concello.

A partida orzamentaria para facer fronte a esta liña de axudas será de 15.000 euros.

Os requisitos para poder acceder a esta axuda son que o neno ou nena nacera en 2018, que estea empadroado en Melide ao igual que os seus proxenitores, cunha anterioridade mínima de seis meses.

Tras recibir á axuda, o particular estará obrigado a permanecer empadroado xunto co menor nun período de 4 anos. Con esta medida de impulso á natalidade, Melide busca loitar contra o reto demográfico da Comunidade Autonóma Galega.

O Concello de Melide aproba renovar a axuda de 300 euros para os...
Comentarios