viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

O Concello de Melide acondiciona unha senda peonil na rúa Folicheiro

Senda Folicheiro
Zona onde se acondiciona o sendeiro. EP
A obra, que ten un prazo de execución de catro meses, conta cun orzamento de 99.000 euros

O Concello de Melide iniciou unhas obras de acondicionamento dunha senda peonil nunha vía da rúa Folicheiro. Os traballos teñen por obxectivo mellorar a seguridade nesa área, a través da creación desta pista nunha vía que habitualmente é moi transitada polos veciños, segundo destaca o goberno local. Esta actuación inclúe a mellora da pavimentación, da recollida de augas e da área de estacionamento.

O bipartito resalta que coa execución destes traballos busca "ofrecer unha vía segura máis ao numeroso grupo de persoas afeccionadas ás andainas non municipio". O novo carreiro, que discorrerá polas dúas marxes da rúa, terá unha lonxitude de 663,78 metros e unha anchura  de dous. A pista enlazará, ademais, co Camiño de Santiago en Furelos.

O goberno local indica que estas obras se están levando a cabo en terreos públicos de propiedade municipal e contan cun orzamento de 99.000 euros. A previsión é que os traballos duren catro meses.

O Concello de Melide acondiciona unha senda peonil na rúa Folicheiro
comentarios