O Concello de Melide "condena rotundamente" o acto vandálico ocorrido o sábado pola noite na vila, cando descoñecidos causaron desfeitas ao coche da exalcaldesa Dalia García, actual portavoz municipal do PP.
Nun comunicado, o rexedor, José Manuel Pérez, en nome de toda a corporación, mostra a súa "repulsa radical a quen amosa desprezo a un dous dereitos fundamentais do ser humano como é a liberdade e trata de acovardar o conxunto da veciñanza". "Somos unha vila que cre na convivencia pacífica, na tolerancia, na liberdade e non respecto dos Dereitos Humanos; por iso amosamos o noso rexeitamento a calquera tipo de manifestación da violencia e condenamos o acto acontecido do que foi vítima a nosa veciña Dalia García", engade.
Os causantes desas desfeitas no coche de García levaron do interior as chaves da súa casa e da sede municipal do PP. Dous días antes das eleccións locais, a exalcaldesa xa denunciou ameazas telefónicas.