Un concelleiro de IxM denuncia o seu propio equipo de goberno

Germán Vázquez presentou unha demanda contra Independientes por Monterroso para que se lle devolvan as delegacións de limpeza e medio ambiente
Rocío Seijas. ARCHIVO
photo_camera Rocío Seijas. ARQUIVO

O concelleiro de Independientes por Monterroso (IxM) Germán Vázquez presentou unha demanda contra o seu propio equipo de goberno, que preside a súa compañeira de partido Rocío Seijas, co fin de que lle sexan devoltas as delegacións que tiña como responsable de limpeza e medio ambiente, cargo do que foi cesado o pasado mes de abril.

Esta crise de goberno de Monterroso estivo motivada por unha serie de votacións plenarias, nas que este concelleiro votou en contra das propostas dos seus compañeiros de goberno.

Esas diferenzas no seo dos independentes —que gobernan en coalición co PP— remontábanse a meses atrás, pero non foi ata o pasado mes de abril cando a alcaldesa aludiu á "perda de confianza" neste concelleiro para asinar a súa destitución como delegado de área.

Aínda que en teoría esta decisión supuña que o goberno local quedaba en minoría, na práctica isto non foi así xa que en meses posteriores o edil díscolo votou varias propostas a favor dos seus compañeiros. Agora será o xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo o que decidirá se o cesamento do concelleiro e a perda das súas delegacións se axusta ou non a dereito.

Sobre esta última polémica, o propio edil evitou responder a este medio: "Non é o momento de falar disto", dixo.

Comentarios