O comunicador Marcial Mouzo será o pregoeiro en maio da Festa do Melindre

O popular presentador da Radio Galega será nomeado tamén embaixador da cita, que se celebrará os días 11 e 12
Marcial Mouzo
photo_camera Marcial Mouzo.

O comunicador Marcial Mouzo será o pregoeiro da Festa do Melindre, que se celebrará en Melide os días 11 e 12 de maio. O popular presentador e director do programa 'Pensando en ti', da Radio Galega, tamén será nomeado embaixador deste festexo, de Interese Turístico Galego, no que se exalta a repostería tradicional da localidade.

Mouzo, que conta cunha ampla traxectoria na radio e con numerosos recoñecementos polo seu traballo, pronunciará o pregón o domingo 12 ás doce do mediodía na Praza do Convento. Esa fin de semana, os visitantes poderán degustar e comprar nos postos habilitados melindres e outros produtos de repostería que son xa un aceno de identidade da gastronomía local. Haberá ademais, animación musical, talleres e outras actividades paralelas.

Comentarios