O comercio de Monterroso sae á rúa durante dúas xornadas con grandes ofertas

Bolsas de compra. PIXABAY
photo_camera Bolsas de compra. PIXABAY

Un total de 25 establecementos comerciais de Monterroso sacarán hoxe e mañá os seus produtos á rúa co fin de incentivar as compras na localidade.

Os clientes que, deste xeito, acudan durante estes dous días á vila poderán beneficiarse dunha ampla e variada oferta comercial, con importantes descontos na maioría dos produtos que se poñan á venda.

Para incentivar as compras, as rúas tamén estarán animadas con diferentes espectáculos e actuacións musicais. Ademais, os clientes que realicen compras por valor superior a 20 euros pódense levar de agasallo un salvaorejas, para así portar a súa máscara con maior comodidade.

Nesta edición de Merca en Monterroso poderanse atopar produtos de ferraxería, moda, confección, xoias, zapaterías ou florerías, entre outros moitos. O evento está organizado polos propios comerciantes e conta coa colaboración do Concello.

Comentarios