Unha persoa resulta ferida nun choque en Palas e outra nunha saída de vía en Arzúa

Os dous accidentes de tráfico producíronse á primeira hora da mañá
Los coches implicados en la colisión de Palas de Rei. EP
photo_camera Los coches implicados en la colisión de Palas de Rei. EP

Un accidente de tráfico saldouse este martes cunha persoa ferida en Palas de Rei. O sinistro tivo lugar sobre as 9.00 horas. A esa hora chocaron "por raspado positivo" dous turismos que circulaban pola LU-P-4001. En concreto, o choque produciuse á altura do punto quilométrico desa estrada que une Pedraza e Coto. Unha das persoas implicadas no incidente resultou ferida, segundo informou a Garda Civil de Tráfico.

Doutra banda, o centro de atención ás urxencias 112 Galicia notificou que outra persoa sufriu danos tamén este martes nunha saída de vía no municipio coruñés de Arzúa. O sinistro produciuse ás 9.30 horas na nacional 547, á altura da parroquia da Castañeda.

Un particular alertou ao 112 e o persoal sanitario acudiu de inmediato para atender á persoa ferida, que puido saír do vehículo polos seus propios medios, á vez que o equipo de limpeza eliminaba unha mancha de aceite da calzada