O ciclo de teatro afeccionado trae sete grupos a Palas de Rei

A mostra reúne colectivos de Galicia, Asturias e Madrid, que actuarán en fins de semana do 31 de outubro ao 23 xaneiro
Presentación del primer ciclo de teatro aficionado.
photo_camera Presentación do primeiro ciclo de teatro afeccionado de Palas de Rei. EP

Palas de Rei acolle o primeiro ciclo de teatro afeccionado Amador Feteagal (Federación Teatral Afeccionada de Galicia), que se celebrará desde o domingo 31 deste mes ata o 23 de xaneiro con diversas actuacións programadas para os fins de semana. As xornadas reúnen cinco grupos galegos, socios de Feteagal, e dous grupos de ámbito nacional adscritos á Confederación Escenamateur. As representacións realizaranse na casa da cultura palense. Aos asistentes pediráselle unha doazón de dous euros como entrada.

A inauguración correrá a cargo de Metátese Teatro, que escenificará a peza Detrás das Máscaras o 31, ás 18.00 horas. As restantes funcións, programadas para as 20.00 horas, serán as de Oreteiro Teatro, con Dúas pezas de microteatro, o 6 de novembro; Compañía Noiye Bohemia, con La casa de Bernarda Alba, o 13; La Locandeira (Madrid), con El coleccionista de mariposas, o 20; The Sastre Teatro, con Neve en outono, o 4 de decembro; Teatro Kumen (Asturias), con La Comedia de las mentiras, o 22 de xaneiro, e Delatotuto Prd, con Mi gran Mansión, o 23.

Este ciclo está organizado por Feteagal, en colaboración co Concello de Palas e Metátese Teatro. As xornadas foron presentadas este xoves polo alcalde, Pablo Taboda; o presidente de Feteagal, David Vázquez Nóvoa; un do seu socio fundadores, Valentín Varela; e polo director, Afonso García, e integrantes de Metátese Teatro.

Comentarios