Un ciclista tivo que ser evacuado en helicóptero en Melide tras caer da bicicleta

A aeronave con base en Santiago desprazouse ata a localidade

Un ciclista resultou ferido ao caer da bicicleta na que circulaba na rúa de Roca Salgado de Melide. A vítima foi evacuada en helicóptero medicalizado ata un centro hospitalario.

Segundo informou o 112, o 061-Urxencias Sanitarias tivo que mobilizar a aeronave con base en Santiago ata unha zona próxima aos feitos debido á gravidade do accidente.

Os servizos sanitarios alertaron ao 112 ao fío das 13.20 horas. Seguidamente, a central de urxencias informou á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Arzúa.