Un choque no núcleo urbano de Monterroso deixa un ferido leve

O condutor foi trasladado ao Hospital Polusa con dor nunha perna

accidentemonterroso
photo_camera Os coches implicados no suceso. EP

Un accidente entre dous vehículos no núcleo urbano de Monterroso saldouse cun ferido leve, que foi trasladado ao Hospital Polusa de Lugo con dor nunha perna. 

O incidente produciuse ao redor das sete e media da tarde deste venres na intersección entre as rúas Paz e Castelao. Ambos os automóbiles chocaron frontalmente, aínda que os ocupantes puideron saír dos seus respectivos vehículos polo seu propio pé. 

Un dos condutores queixábase de dor nunha morna, polo que foi trasladado ao Polusa. Ata o lugar dos feitos acudiron o GES de Monterroso, a Garda Civil e urxencias médicas. 

Comentarios