A campaña de Nadal de Asetem-CCA repartirá este ano 6.000 euros en premios

A gala de entrega de premios celebrarase o próximo 14 de xaneiro no centro sociocultural Mingos de Pita
Esparate, en Melide
photo_camera Escaparate dun establecimiento de Melide. EP

Asetem-CCA de Melide, que agrupa a empresas e pequenos negocios da localidade, inicia a súa tradicional campaña de Nadal na que este ano repartirá un total de 6.000 euros en premios.

Nesta edición adheríronse á iniciativa un total de oitenta establecementos o que, segundo recoñecen desde Asetem, confirma «a boa acollida que esta campaña ten cada ano».

Baixo a lema ‘Este ano toca en Melide', o obxectivo é impulsar as vendas do pequeno comercio, premiando a fidelidade da clientela a través do sorteo de vales de compra para gastar neses mesmos establecementos.

Desta forma, cada tenda obsequiará con rifas a todas aquelas persoas que realicen as súas compras na localidade durante todo o mes de decembro e ata o próximo 14 de xaneiro.

Ese mesmo día, o centro sociocultural Mingos de Pita acollerá a gala do sorteo para repartir os premios entre os afortunados. O primeiro será un vale de 2.000 euros; haberá dous segundos que recibirán vales de 1.000 euros cada un, e catro bonos de 500 euros.

Entre os asistentes á gala, que estará amenizada polo grupo local Leirabuxo, sortearase ademais unha viaxe de fin de semana válido para dúas persoas.

Comentarios