A campaña ‘Melide Comercio Saudable' repartirá 1.000 euros en premios

Pi
photo_camera Pilar López, xerente de Asetem. SEBAS SENANDE

A campaña ‘Melide Comercio Saudable', prmovida por Asetem-CCA repartirá máis de 1.000 euros en premios nunha iniciativa que ten por obxectivo dar máis visibilidade aos centros sociosanitarios asociados.


Para iso, a asociación empresarial organiza un ciclo de charlas de diversos temas relacionados coa saúde. Comezarán o xoves 18, da man das responables de Óptica Alain Afflelou, á que seguirá outra o día 22 de Gema Torre, de Flor de Toxo, que abordará a historia dos cosméticos.
As conferencias serán todas no salón de actos da sede de Asetem-CCA no número 7 na rúa Liño Sexto ás 20.00 horas, e en cada unha sortearanse dez vales de compra por valor de dez euros cada un para gastar nos establecementos participantes.


As clínicas dentais Ana Marcos Cardo e Karim Gamil Quintela, o Instituto de la Sordera, Latexo Logopedia, Meixela Centro de Estética, as ópticas Tábora e Melide, Ortopedia Ortosaúde, Parafarmacia Ulloa e a nutricionista Tania Arias son os outros negocios que participan nesta campaña.