Buscan aos donos dunha cadela atopada en Melide

Trátase dun exemplar de border collie  Tamén se difundiu o caso dun can posiblemente perdido que segue a peregrinos en Sarria
La perra encontrada en Melide. FACEBOOK
photo_camera La perra encontrada en Melide. FACEBOOK

O Concello Melide recolleu este domingo unha cadela de raza border collie que apareceu cerca un establecemento comercial da localidade.

Segundo publicaron no grupo de Facebook Cans perdidos en Melide, o animal probablemente asustouse polas tormentas do fin de semana e escapou. "É urxente dar cos donos, está moi asustada", apuntan. 

Se alguén ten algunha información, pode porse en contacto a través do 639 971 005.

 

OUTRO CASO EN SARRIA. Esta fin de semana tamén se difundiu o caso dun can que seguiu a varios peregrinos en Sarria e que tamén podería estar perdido.

De feito, chegouse a pensar que o de Melide e o de Sarria eran o mesmo caso, ao ser da mesma raza e ter as mesmos cores, pero finalmente sóubose que o primeiro é unha femia e o segundo, un macho.

Pegadas de Sarria compartiu a fotografía do can e pediu colaboración para atopar á súa familia.

 

comentarios