O boom de 'Fariña' chega á noite melidense

A antiga discoteca Factory reabrirá co mesmo nome que a serie de moda

Parte del cartel de la discoteca Fariña. TWITTER
photo_camera Parte do cartel da discoteca Fariña. TWITTER

O éxito de Fariña, tanto do libro de Nacho Carretero como da serie homónima en Antena 3, foi rotundo. Tanto así, que unha discoteca melidense apuntouse ao carro e abrirá as súas portas proximamente baixo ese nome, Fariña.

A elección non pasou desapercibida nas redes sociais e varios tuiteiros compartiron o cartel promocional da discoteca, que utiliza de fondo a portada do famoso libro sobre o narcotráfico en Galicia.


O local, que ocupaba anteriormente a discoteca Factory, abrirá o sábado 19 de maio. A inauguración contará co DJ Alessandro e a presenza da extronista de Mujeres y hombres y viceversa Steisy.
 

Comentarios