Ava reclama medidas contra o despoboamento en Antas de Ulla

Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Letras de Antas de Ulla. EP

Alternativa Veciñal de Antas de Ulla (Ava) demanda ao goberno municipal pór en marcha medidas para frear o despoboamento no municipio. A súa voceira, Digna Gontá, manifestou onte a vontade do seu grupo de propor ao pleno a creación dunha mesa de traballo na que estean representados todos os grupos para elaborar un plan que permita asentar poboación no concello e que máis tarde sexa aprobado polo pleno ao completo.

Entre as propostas de Ava atópase a rehabilitación e aluguer de vivendas actualmente deshabitadas, así como a difusión dun banco de casas; a solicitude ao Goberno autonómico dun plan de rexeneración urbanística en pequenos municipios; garantir a cobertura móbil e de internet en cada un dos núcleos de poboación, crear un espazo de coworking e retomar a tramitación do PXOM.