Arzúa continúa cos actos culturais de abril cun encontro literario

Na mesa redonda abordarase o proceso de creación e de publicación dun libro

Una de las actividades culturales desarrolladas en Arzúa. EP
photo_camera Unha das actividades culturais desenvolvidas en Arzúa. EP

O departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa coas actividades literarias do mes de abril e farao cunha mesa redonda sobre o proceso de creación e publicación dunha obra. O evento celebrarase este venres na Capela d Madanela ás 20.00 horas, e nela participarán Andrea Jamardo, da editorial Cuarto de Inverno, a artista e tradutora Andrea Birsanu, e o escritor Xosé Carlos Carracedo. Estará moderada por José Manuel Pampín, coordinador do club de lectura municipal.

Dentro do programa Primavera de Cultura tamén haberá espazo para a música cun concerto da rondalla Moraima e o coro Voces da Terra, que actuarán este sábado, ás 20.00, na casa da cultura. Nese mesmo evento sortearanse diversos libros.

Xa o martes celebrarase o Día do Libro e, con cada compra dunha obra nos negocios locais ou con cada préstamo na biblioteca pública, entregarase un agasallo.

Entre o 25 e o 30 deste mes, a Capela da Madanela acolle a exposición de Arte Lucet

A maiores, o xoves 25, ás 19.00, inaugurarase a exposición do colectivo Arte Lucet, que se poderá visitar ata o 30 na Capela da Madanela —de xoves a sábados de 18.30 a 20.30—, e o sábado 27 Ana González Rei presenta nese mesmo espazo, ás 18.00, a obra Alana.

Os actos, que continúan no mes de maio, organízanse ao redor do Día do Libro e das Letras Galegas e co obxectivo de fomentar a lectura, tal e como asegurou o concelleiro de Cultura, José Luís García.

Comentarios