Arden uns 4.000 metros cadrados nun incendio en Monterroso

O lume iniciouse no lugar do Fental
Un camión de bomberos. ARCHIVO
photo_camera Un camión de bomberos. ARCHIVO

A rápida intervención dos operativos contraincendios permitiu a rápida extinción dun lume forestal que se produciu este domingo no lugar do Fental, pertencente ao municipio de Monterroso. Os efectivos lograron conter desde un principio as chamas, que só arrasaron uns 4.000 metros de monte arboledo, segundo fontes consultadas por este xornal.

O incendio iniciouse ás 19.15 horas e quedou totalmente controlado cara ás 21.30, aínda que quedou un retén no lugar por se se reproducía o lume.

Nos labores de extinción participou un helicóptero con base en Marroxo (Monforte), así como a carroceta do Concello de Monterroso e outra que presta o seu servizo na comarca da Ulloa. Ao lugar desprazáronse operarios do Grupo de Urxencias Supramunicipal (GES) monterrosino e axentes forestais e brigadistas do distrito noveno de Lugo e de Guntín.

Comentarios