Unha aparatosa saída de vía na N-547, á altura de Melide, sáldase sen feridos

O accidente tivo lugar arredor das 11.00 horas na N-547, ao seu paso polo municipio de Melide
Accidente ocorrido na N-547, á altura de Melide. EP
photo_camera Accidente ocorrido na N-547, á altura de Melide. EP

Un condutor que circulaba este venres pola N-547 á altura do municipio de Melide sufriu unha saída de vía aparatosa da que, porén, logrou saír ileso.

O sinistro ocorreu ás 11.00 horas no quilómetro 43, no lugar do Coto. Ata o punto acudiron efectivos da Policía Local e de Protección Civil de Melide e axentes de Tráfico, co fin de auxiliar ao damnificado e regular o tránsito da estrada. 

Comentarios