Antas de Ulla acolle un campamento musical do 7 ao 10 de agosto

A actividade, dirixida a nenos de máis de cinco anos, está organizado pola escola da banda de música

A Escola Banda de Música de Antas de Ulla organiza a cuarta edición do seu campamento musical, que se celebrará na localidade entre os próximos días 7 e 10 de agosto, no colexio público da localidade.

O campamento contará con diversas actividades, como a iniciación á música, música e movemento, diverbanda, clases colectivas, ensaios coa banda, así como piscina e outras accións de carácter lúdico. O horario será todos os días entre as 10:00 e as 20:00 horas. Ademais, o último día de campamento está prevista unha acampada para todos os participantes.

A actividade está dirixida a todos aqueles nenos maiores de cinco anos, teñan ou non coñecementos previos de música, e aínda que non toquen ningún instrumento.

Os interesados poderán apuntarse ata o próximo 31 de xullo a través da dirección de correo electrónico [email protected] ou chamando a calquera destes números de teléfono: 645 910 706 (Javi); 630 255 010 (Ana); ou 619 985 314 (Alba).

O custo do campamento de música será de 50 euros para os membros da escola e 70 para os externos.

Comentarios