Antas mobilízase para axudar a María, a veciña que perdeu a súa casa nun incendio

O Concello pon en marcha unha campaña de solidariedade para recoller axudas económicas e outras doazóns
La casa de Antas quedó totalmente calcinada. EP
photo_camera La casa de Antas quedó totalmente calcinada. EP

A casa de María Fortes en Antas ardeu por completo. EPO Concello de Antas de Ulla puxo en marcha unha campaña solidaria para tratar de axudar a unha veciña do municipio, María Fuertes, que o pasado domingo perdeu a súa vivenda por mor dun incendio, unha casa de madeira que quedou reducida a cinzas por mor das chamas.

O goberno local informou de que "a determinación de abrir unha campaña de solidariedade con esta veciña foi tomada", precisamente, "ao comprobar o alcance dos danos" que provocou o incendio no seu domicilio, porque quedou "totalmente arrasado polas lapas". "A casa era de madeira e atópase inservible", precisa, polo que "María atópase aloxada nun establecemento da localidade, á espera de poder trasladarse a outra vivenda".

Por iso, o Concello de Antas de Ulla agradeceu "a colaboración dos veciños e veciñas ante unha situación de especial vulnerabilidade" e habilitou un número de conta —é11 0238 8248 7607 0065 4679— para "canalizar as axudas" que vaian chegando.

Axudas, aclara, que non teñen que circunscribirse necesariamente a achegas económicas, porque para "outro tipo de doazóns", os veciños poden "dirixirse aos Servizos Sociais" do Concello.