Antas despide a Licerio España, que foi alcalde e director do colexio público

O exalcalde de Antas de Ulla Licerio España Galego foi enterrado o mércores en Antas de Ulla, pobo que lle viu nacer e onde faleceu aos 88 anos de idade. España Galego foi mandatario municipal nos anos setenta e en 1979 converteuse no primeiro alcalde da democracia, como candidato de Coalición Democrática. Foi relevado en 1983 polo seu compañeiro de Alianza Popular Alberto Vázquez López, que encabezou a lista de Coalición Popular. O falecido é tamén moi recordado polo seu labor como profesor de EGB no seu municipio natal, no que dirixiu o colexio público.

Durante o período de España Galego como rexedor deron comezo en Antas importantes obras como a construción do colexio ou o inicio das obras da casa consistorial. O finado esforzouse na creación de infraestruturas, especialmente nas zonas rurais, co fin de modernizar o municipio.

O falecemento de Licerio España causou un fondo pesar na comarca ulloana, como se evidenciou coas mostras de pesar recibidas pola súa viúva, Maribel Coadas-Guzmán González, tamén profesora.