Antas celebra o día 17 a Festa da Xuventude coas orquestras Cinema e La Fórmula

Antas de Ulla celebrará o mércores 17 de abril a oitava edición da Festa da Xuventude. A cita arrincará sobre as 16.30 horas coa inauguración dun espazo infantil na Praza do Concello, ou na Praza Nova, se chove.

Sobre as 18.30 horas arrincará a tradicional ruta barítima, denominada Senda do Elefante, na que os participantes estarán acompañados pola charanga Era Visto. Ás 21.30 horas haberá unha clase de zumba na Rúa Chantada e sobre as 23.30 comezará a verbena a cargo das orquestras Cinema e La Fórmula.

Como en edicións pasadas habilitarase un servizo de autobús nocturno con varias rutas por municipios próximos.

Comentarios