Altri dá a coñecer o seu proxecto de Pas aos empresarios de Lugo

A empresa defende que terá "elevado nivel de esixencia" ambiental
undefined
photo_camera Directivos de Altri e da patronal lucense. EP

A fábrica que a empresa portuguesa Altri pretende construír no municipio lucense de Palas de Rei para producir fibras vexetais destinadas á industria téxtil terá un "elevado nivel de esixencia ambiental", afirmou este xoves o director do proxecto, Bruno Dapena.

Nunha reunión con empresarios na sede da patronal en Lugo, Dapena e outros directivos da firma explicaron a iniciativa da empresa Greenfiber, participada por Altri e varias entidades privadas e públicas galegas.

O director do denominado proxecto Gama, que prevé instalar unha fábrica de elaboración de fibras téxtiles extraídas da pulpa de eucaliptos, sinalou que a planta establecerá un sistema de tratamento de auga que "devolve na súa práctica totalidade ao río sen alterar as súas condicións actuais".

Dapena asegurou a intención de construír unha fábrica en Palas de Rei similar á planta Biotek que ten Altri preto de Lisboa e que "logrou integrar a convivencia coa comunidade e a xeración de riqueza".

Afirmou que Altri ten unha tecnoloxía que lle permitiu ir máis aló do que marca a lei" en temas ambientais e que o proxecto permitirá "valorizar en Galicia madeira que hoxe se está vendendo fose da comunidade e aspira nun futuro a terminar de pechar o ciclo coa reciclaxe da industria téxtil".

Pola súa banda, a responsable de recursos humanos de Greenfiber, Olga López Arias, asegurou que empresa priorizará a contratación de profesionais "da zona e do resto de Galicia, captando talento e novos coa capacitación e experiencia necesaria para levar a cabo o proxecto, e ofrecendo posibilidades de formación a aqueles que nestes momentos non a posúen".

Segundo López Arias, o persoal proxectado para a capacidade produtiva de Gama rolda os 500 empregos directos e uns 2.000 indirectos, así como "máis de 4.000 empregos en momentos pico durante a edificación da fábrica".

O proxecto, que aspira a captar fondos europeos, suscitou certa controversia en Galicia tras as denuncias de varias asociacións cuestionando os riscos para o medio ambiente, en particular no tratamento de auga utilizado pola fábrica, así como a posible repercusión desa industria nunha zona predominantemente agrícola. Recentemente varias organizacións ecoloxistas e o BNG desprazáronse a Bruxelas para facer ver esta inquietude á Comisión Europea.

En contra: presentadas unhas 20.000 alegacións

A recollida de alegacións contra a planta de Altri concluíu o pasado mércores pola noite. A cifra total achégase a 20.000, segundo as asociacións contrarias á factoría, e sería dunhas 5.000 menos, segundo fontes da empresa lusa. As alegacións podían presentarse nos concellos, a Xunta e tamén houbo mesas de recollida.

Melide, tamén

O Concello de Melide, onde se presentaron 700 desas alegacións, solicitou á Xunta unha declaración negativa de impacto ambiental para o proxecto de Altri. Agora, nunha misiva enviada á Consellería de Industria, o alcalde, José Manuel Pérez, de Adiante Melide, expón as alegacións do consistorio nos ámbitos do proxecto industrial, da afección territorial e urbanística e desde o punto de vista patrimonial e ambiental.

Por fases

Tamén pide aclaracións sobre a instalación por fases que se expón no proxecto básico e as incidencias das mesmas sobre os postos de traballo. Solicita igualmente que se revise la categoría do proxecto estratéxico

Comentarios