Almagro nomea o alcalde de Palas como cabaleiro da Orden de Calatrava la Vieja

A distinción foi concedida nun acto celebrado na igrexa de San Agustín
Pablo Taboada, tras recibir a cruz da orde. EP
photo_camera Pablo Taboada, tras recibir a cruz da orde. EP

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, recibiu esta fin de semana o recoñecemento da Orden de los Caballeros Custodios de Calatrava la Vieja, unha distinción que lle foi concedida na localidade de Almagro, en Ciudad Real.

Un momento da entrega da distinción. EP
Un momento da entrega da distinción. EP

No acto celebrado na igrexa de San Agustín, no que se lle impuxo a cruz xunto a outras personalidades vencelladas á historica entidade, o rexedor popular tivo a oportunidade de promocionar o Camiño de Santiago e o patrimonio do concello que representa, co castelo de Pambre como unha das grandes insignias do municipio.

Con todo, a vinculación entre este colectivo e Palas de Rei vén de atrás, pois no pasado mes de abril inagurábase nas instalacións da fortaleza de Pambre o museo das ordes militares.

Comentarios