O alcalde de Palas de Rei promociona o castelo de Pambre nun foro nacional

Pablo Taboada acudiu á asemblea do club de produto turístico Castelos e Palacios de España celebrada en Madrid

Pablo Taboada. EP
photo_camera Pablo Taboada. EP

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, desprazouse a Madrid para promocionar o castelo de Pambre nun foro nacional do sector, no que se reuniron expertos en estratexias de mercadotecnia e impulsores do turismo asociado a este tipo de edificacións.

A asemblea reuniu aos membros do club de produto turístico Castelos e Palacios de España, onde se disertou sobre temas como  o posicionamento dos turoperadores e plataformas de distribución, a demanda de turismo cultural, a comercialización a través da mercadotecnia dixital ou a estratexia de Turespaña.

A reunión contou con personalidades recoñecidas do sector, como Antonio de la Morena Ballesteros (subdirector xeral de estratexias e servizo ao sector público), Carlos Garrido de la Cierva (presidente da Unión Empresarial de Axencias de Viages e director de Turoperación e Redes do club de produto) ou Javier Fitz-James Stuart (presidente de Grandes Castelos e Palacios de España). 

Taboada, ademais, mantivo unha reunión coa Secretaria de Estado para o Turismo, Isabel María Oliver, coa que abordou a importancia da dinamización do castelo de Pambre dentro da rede nacional de Patrimonio Histórico. 

Comentarios