O alcalde de Monterroso, expulsado do seu grupo municipal

Tres edís de Independentes por Monterroso darán conta do acordo no pleno deste xoves pola tarde
Antonio Gato. XESÚS PONTE
photo_camera Antonio Gato. XESÚS PONTE

Tres concelleiros de Independentes por Monterroso acordaron expulsar do seu grupo municipal o alcalde deste concello lucense, Antonio Gato Soengas. Os edís pretenden dar conta deste acordo, por vía de urxencia, no pleno municipal que se celebrará este xoves en Monterroso, ás 20.00 horas.

Adoptaron esta decisión porque consideran que o alcalde "de forma unilateral" e sen o seu visto e prace negociou un pacto de goberno co PSdeG-PSOE, partido do que se marchou.

Gato Soengas goberna desde hai un mes e medio co apoio dos concelleiros socialistas  e de Compromiso por Galicia, tras destituír como tenentes de alcalde aos seus tres compañeiros de lista.

Nas eleccións municipais de maio Independentes por Monterroso obtivo 4 concelleiros; PSdeG-PSOE e PP 3 cada un e Compromiso por Galicia un.

Comentarios