O Concello buscará en Fitur que Lugo sexa "o centro das visitas" a Galicia

Maite Ferreiro estreará este xoves na feira a campaña Lugo Km 100, Lugo é o teu centro
Presentación de Ferreiro en Fitur. ARCHIVO
photo_camera Presentación de Ferreiro en Fitur. ARQUIVO

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, explicou que a campaña coa que o Concello de Lugo participará na feira internacional de turismo Fitur persegue que a cidade sexa "o centro das visitas" a Galicia. Nun comunicado, sinala que "Lugo atópase a 100 km de moitas zonas turísticas de Galiza, como A Coruña, A Mariña, Compostela ou a Ribeira Sacra, isto, xunto co gran patrimonio histórico e cultural co que contamos, fai que Lugo teña un gran potencial como centro neurálxico do turismo de proximidade na Galiza".

O Ifema acollerá este xoves, a partir das 10.30, a presentación do Concello de Lugo, que comezará cunha intervención da propia Ferreiro e a proxección do vídeo promocional da campaña. A xornada continuará ata as 10.50, coa intervención do conselleiro de Turismo da Xunta de Galiza e a proxección da iniciativa Connexio do Concello de Lugo, e acabará coa intervención da alcaldesa, Lara Méndez.

campaña Lugo Km 100 presentouse na edición 2020 de Fitur, como unha aposta para pór en valor a cidade e o seu patrimonio histórico e cultural.

A campaña está acompañada de diversas accións para promocionar Lugo como punto de partida do Camiño Primitivo cumprindo cos 100 Km mínimos que se requiren para obter a Compostela. 

Máis en Turismo
Comentarios