Unha persoa resulta ferida tras caer co seu coche a un río de Lourenzá

A saída de vía rexistrouse na estrada que vai do Zapateiro a Santo Adriano ► A actuación dos veciños da zona resultou clave para evitar males maiores

Unha persoa quedou ferida ao precipitarse co seu vehículo a un río de Lourenzá. A saída de vía rexistrouse na estrada que vai do Zapateiro a Santo Adriano.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 22:45 horas deste venres para explicar os feitos. Os profesionais do CAE 112 Galicia estableceron comunicación con Urxencias Médicas. Tamén pasaron o aviso aos Bombeiros de Barreiros, ao GES da Pontenova, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Os veciños da zona axudaron ao condutor a saír do vehículo. Aínda así, os efectivos do GES desprazáronse ao momento cun equipo de excarceración, que finalmente non tiveron que empregar.

Os Bombeiros, pola súa banda, retiraron de inmediato o coche sinistrado do río, xa que o estaba a perder aceite. Segundo indicóuselle ao 112 Galicia, a vertedura ao río foi de escasa consideración grazas á rápida actuación dos efectivos.

Comentarios