Unha septuaxenaria resulta ferida grave tras ser atropelada en Celanova

Unha muller de 74 anos resultou esta tarde ferida grave tras ser atropelada cando cruzaba a rúa por unha zona non habilitada para peóns, na localidade ourensá de Celanova.

Segundo informaron o 112 e Policía Local de Celanova, o suceso ocorreu pouco antes das 19:00 horas, na avenida López Branco, situada no centro da localidade.

A septuaxenaria dispúñase a cruzar por unha zona non habilitada cando foi "golpeada" por un vehículo.

Ata o lugar, trasladáronse efectivos da Policía Local, e Protección Civil, así como o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que procedeu ao traslado desta persoa ao complexo hospitalario de Ourense.

Comentarios