Unha muller sofre queimaduras de consideración ao incendiarse o seu vehículo en Cerceda

Unha muller sufriu hoxe queimaduras de consideración tras incendiarse o vehículo que conducía en Cerceda (A Coruña), e outras dúas persoas tiveron que ser excarceradas do coche no que viaxaban tras envorcar en Antes, na localidade coruñesa de Santa Corda.

Fontes de Urxencias 112 informaron de ambos os sinistros, o primeiro deles ás 13:50 horas na estrada que une Laracha e Cerceda.

O helicóptero do 112 con base en Santiago de Compostela trasladou á muller ferida ao hospital, mentres os bombeiros confirmaron que o coche quedou totalmente calcinado.

Así mesmo, pasadas as 17:20 horas, dúas persoas resultaron feridas ao envorcar o seu vehículo en Antes, polo que a consecuencia do impacto tiveron que ser excarceradas polos bombeiros de Santa Comba

Comentarios