Un traballador resulta ferido en Poio

O operario caeu desde a plataforma dun camión cando estaba descargando caixas de froita

Un operario resultou ferido este luns en Poio ao caer da plataforma dun camión. O traballador atopábase descargando froita nun supermercado da localidade, situado na Rúa Lourido.

Enseguida, desde o 112 Galicia, tras recibir o aviso dun particular sobre as 10.00 horas, alertouse a Urxencias Médicas, á Policía Local e a Protección Civil.

O ferido foi trasladado polo persoal sanitario ata o Hospital Domínguez de Pontevedra.

Comentarios