Un motorista morre en Oza-Cesuras e outros dous resultan feridos na Pastoriza e A Mezquita

Tres accidentes deixan un domingo negro para as dúas rodas na comunidade

Un motorista faleceu e outros dous resultaron feridos en tres accidentes rexistrados en Galicia este domingo pola tarde. O sinistro mortal tivo lugar no municipio coruñés de Oza-Cesuras.

Segundo informa o 112, o implicado faleceu tras saírse da vía na estrada que une Curtis con Betanzos, na parroquia de Trasanquelo. Foron mobilizados efectivos de Urxencias Médicas logo de recibir a chamada dun particular que pedía axuda. á zona se trasaladó o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, pero nada se puido facer para salvar a vida do motorista.

A PASTORIZA. O condutor doutra moto resultou ferido tamén este domingo no municipio lucense da Pastoriza tras chocar contra un guindastre. Ocorreu ás 16.15 horas.

Ata o lugar desprazáronse profesionais sanitarios, axentes de seguridade e os Bombeiros de Vilalba.

A MEZQUITA. Unha hora máis tarde, no concello ourensán da Mezquita, un motorista caeu ao chan logo de chocar cun turismo na estrada da Fronteira (OU-311), en Cádavos. Tras o golpe, o ferido quedou tendido na cuneta.

O persoal sanitario decidiu enviar á zona un equipo a bordo do helicóptero con base en Ourense, aínda que o ferido estivo consciente en todo momento.

Comentarios