Un mariscador falece afogado na ría de Ferrol

O home puido quedar enganchado nunhas redes

Un mariscador perdeu a vida este luns preto da costa de Mugardos, cando traballaba nunha embarcación. Segundo indicou un particular ao 112 Galicia, o home puido quedar enganchado nunhas redes.

A Axencia Galega de Emerxencias recibiu o aviso ás 15.20 horas. Seguidamente, informouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Urxencias Médicas. A Autoridade Portuaria de Ferrol mobilizou ademais unha embarcación para colaborar nas tarefas de rescate.

O corpo da vítima foi trasladado por outra embarcación ata o porto de Fernández Ladreda en Ferrol. As forzas da orde investigan agora as circunstancias da morte do home.

Comentarios